ADIVINA ESTREA A TV MOVIE A PESAR DE TODO, QUÉROTE

15 / 12 / 2011

O próximo xoves 22 de decembro terá lugar no Auditorio de Mera a estrea da nova  tvmovie producida por Adivina en coprodución coa TVG, “A pesar de todo quérote”.

O filme, que conta co apoio da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), foi rodada nos concellos de Oleiros, Cambre, Arteixo, Lugo e A Coruña, e narra a dramática historia de amor dun grupo de xóvenes.

A proxección contará coa presencia do seu director, Jorge Algora, da produtora executiva Susana Maceiras, e dos actores do filme Christian Escuredo, Déborah  Vukusic, Rubén Prieto, Lúa Testa,  Belén Constenla, Rosa Álvarez e Alfonso Agra.

O acto, que conta coa colaboración do Concello de Oleiros e Gadis, celebrarase no Auditorio Gabriel García Márquez, Rúa do Xabre, Mera, (Oleiros) o xoves 22 de decembro ás 20.00h. 

 

Categoría: Novas
Etiquetas: