30 curtametraxes foron seleccionadas para competir no 39º Certame Audiovisual Internacional Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa, tamén coñecido como Curtas Film Fest, que está tendo lugar do 6 ao 9 de decembro na localidade pontevedresa organizado polo Liceo Casino.
O eixo central do Curtas Film Fest 2011 é a súa sección competitiva de curtametraxes, para a que foron seleccionadas 30 finalistas, entre as 410 recibidas durante a convocatoria. Ao premio ao mellor audiovisual del festival, dotado con 1.000 euros, aspiran Cama blanca, El grifo, El ingenio, El punto rojo, G, La mujer del hatillo gris, ¿De qué se ríen las hienas?, Lines, Profesor Brofman, Reconciliación, El ingenio e Psicópolis; ao premio á mellor curta de animación, dotado con 600 euros, Ai guant tu bilif, Akerbeltz, las brujas y el inquisidor, Culpable hasta la muerte, Despejado e La bruxa; ao premio á mellor curta documental, dotado con outros 600 euros, El luchador de Urbasa, Notas de un inmigrante, Tendai’s Gang e Asorey; e ao premio ao mellor realizador novel, dotado con 300 euros, A ó B, Ejercicio, Drugstore Love, Mi padre es Björn Borg, Peor imposible, Echando cuentas, Primera comunión, El vampirito e Vinagre y bombones. Tódolos galardóns inclúen, aparte do diñeiro, un trofeo, e o xurado poderá conceder outros premios ou mencións honoríficas, aínda que sen dotación económica.
Os traballos seleccionados para o Curtas Film Fest 2011 estanse exhibindo no salón de actos do Liceo Casino de Vilagarcía de Arousa do 6 ao 8 de decembro, en sesións ás 20:30 horas, con entrada libre e gratuíta. Hoxe venres 9, tamén ás 20:30 horas, terá lugar a gala de entrega de premios nas distintas categorías, e proxectarase o vencedor da modalidade principal. Ademais, durante o acto renderase homenaxe a Tino Silva, un pioneiro que presentou a concurso gran cantidade de obras documentais nos primeiros anos de vida do certame, relacionadas coas viaxes que realizou a diversos países. Unha selección exhibirase na sesión, dentro da sección retrospectiva. Por último, terá lugar un concerto de Roi Casal.