ARRUGAS ESTREARASE O 27 DE XANEIRO DA MAN DE WANDA

2 / 12 / 2011

A distribuidora Wanda estreará o vindeiro 27 de xaneiro o filme Arrugas, basada no cómic de Paco Roca e dirixida por Igancio Ferreras. Arrugas, producida por Manuel Cristóbal de Perro Verde Films, presentouse no pasado Festival de Cine de San Sebastián con gran éxito.

Arrugas foi catalogada por The Hollywood Reportes como “unha das películas españolas máis logradas dos últimos anos en calquera xénero”. Ademais, está preseleccionada ao Óscar á Mellor Película de Animación.

Arrugas é unha longametraxe de animación  2D baseada no aclamado cómico do mesmo título de Paco Roca (Premio Nacional de Cómic 2008). Arrugas narra a amizade entre Emilio e Miguel, dous anciáns recluídos nun xeriátrico. Emilio, que acaba de chegar á residencia nun estado inicial de alzheimer, será axudado por Miguel e outros compañeiros para non rematar na planta superior da residencia, o temido piso dos asistidos que é como chaman alí aos deshauciados. O seu aloucado plan tinta de comedia e tenrura o tedioso día a día da residencia porque aínda que para moitos as súas vidas remataran, eles acaban de comezar unha nova.

Categoría: Novas
Etiquetas: