ESTREA DE LO MÁS IMPORTANTE DE LA VIDA ES NO HABER MUERTO

22 / 11 / 2011

O vindeiro venres 16 de decembro estréase en España “Lo más importante de la vida es no haber muerto”, de Olivier Pictet, Pablo Martín Torrado e Marc Recuento.

Protagonizada por Emilio Gutiérrez Caba e Marian Aguilera, conta a historia de Jacobo, un distinguido reparador de pianos que leva corenta anos felizmente casado. Tan cómoda foi a súa vida que para reparar pianos só tivo que soñar con eles e a mañá seguinte aparecían arrancados. A súa folgada existencia sen embargo vese alterada ao non poder durmir, e os pianos por reparar amontóanse. O seu estado mental empeora cando un tipo barbudo e con bata tan pronto se lle aparece como volve desaparecer. A súa muller, Helena, non só nega a existencia do barbudo, senón que insiste en que debe estar alucinando. Jacobo descubrirá que tras aquela vida placenteira houbo outra realidade oculta, e que agora, na súa vellez, fíxose visible. Lo más importante de la vida es no haber muerto é unha historia humanista de traizón e perdón, enmarcada nun contexto histórico que abarca dende a posguerra española ata os ostenta. Esta traxicomedia con tintes grotescos plantéxase cuestionar a nosa percepción da realidade e, coma consecuencia, mostrar a vulnerabilidade da nosa condición humana.

Lo más importante de la vida es no haber muerto participou nos festivais Cinespaña, Sitges, Shangai International e Seattle International, entre outros.

Categoría: Novas
Etiquetas: