O filme Crebinsky, do director Enrique Otero e producida por Control Z, Chévere Visión e ZircoZine, logra un novo recoñecemento internacional á mellor película no Oaxaca Film, un certame de cine independente en México.
A película conseguiu tamén os premios ao mellor actor, que recaeu en Miguel de Lira, e á mellor música, para a banda sonora composta por Pablo Pérez.
Estes galardóns súmanse aos premios á mellor película, mellor actor (ex-aequo para Sergio Zearreta e Miguel de Lira) e mellor música que conseguiu fai tan só un mes n Festival de Cine Español de Toulouse. O filme foi tamén premiado no Festival de Cine Español de Málaga.