Hoxe venres, 18 de novembro en Santiago de Compostela estréase a longa documental “Mercado de Futuros” de Mercees Álvarez e producida por IB Cinema nas salas do Cine Compostela.
Esta longa documental tamén se estreará en salas en Madrid, Sevilla, Barcelona, Bilbao e Valencia, pero haberá que esperar ao vindeiro venres, 25 de novembro.
IB Cinema tamén estrea hoxe, 18 de novembro, o documental “Contra a Mortem unha aproximación a Lois Pereiro” de Alexandre Cancedo e Iago Martínez, no Salón Teatro de Santiago ás 19.00.