BRAGACINE PREMIOU Á MINISERIE “MAR LIBRE”

14 / 11 / 2011

Mar Libre continúa co incesante recoñecemento nos festivais internacionais. Desta volta, foi no Festival Internacional de Cinema Independente de Braga, BRAGACINE, na súa novena edición, onde se recoñeceu esta miniserie como o mellor filme de tv dentro da súa sección oficial. Este festival, que goza de gran prestixio internacional, outorgou este galardón que coincide no tempo co recentemente outorgado no Festival Europeo de Cine que se celebra en Marbella, o Euro Film Festival, cuxa Gala de entrega de premios terá lugar o próximo 26 de novembro.

Deste xeito, Mar Libre –coproducida por Ficción Producciones e TVG, e que contou coa axuda da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia- consolídase como o produto audiovisual galego máis premiado nos certames internacionais, o que indica unha vez máis que o futuro deste sector en Galicia, ten auténtica proxeción fóra das nosas fronteiras.

Do Xurado Internacional do Bragacine, formaron parte persoalidades tan importantes do mundo do cinema, como Julian Grant, director de series e longametraxes de grande éxito na gran pantalla, como a serie Robocop, The Defield, Electra ou Noche Siniestra; Sara Afonso, directora do Empire Film Magazine de Portugal; Manaira Aires, xornalista, e Anxo Santomil, presidente do Xurado.

Os Premios que leva xa acumulados esta miniserie, dirixida por Dani de la Torre, son de gran alcance: dende os galardóns á Mellor Interterpretación Feminina Protagonista, Mellor Deseño de Vestiario e Mellor Película para TV nos Premios Mestre Mateo 2010 convocados pola Academia Galega do Audiovisual celebrada este ano, ao Premio Especial do Xurado no Festival Internacional de Cine de Houston, World Fest Houston, celebrado o 31 de Xullo pasado; Placa de Ouro no International Filme Festival Hugo Awards de Chicago que tivo lugar o 20 de xuño. Ademais, foi seleccionada no 17th Shangai TV Festival para o maior dos premios, o Magnolia Award, celebrado o 10 de xuño; e seleccionada tamén no Banff World Media Festival de Toronto, Canadá, celebrado o 15 de xuño… E xa agora, o do Euro Film Festival de Marbella e o Bragacine de Portugal.

Etiquetas: