Este taller ten como obxetivo facer que cada alumno/a aprenda a aplicar as súas cualidades interpretativas ao código audiovisual obtendo o máximo proveito das posibilidades expresivas que este medio ofrece: o primeiro plano, a fragmentación, a descontinuidade dramática, etc. Cun carácter práctico, traballaranse escenas e secuencias de diferentes códigos audiovisuais (dende a secuencia televisiva a escena fílmica) e faranse múltiples prácticas gravadas coa intención de que alumno perda medo á cámara e se familiarice coa linguaxe propia do medio: o concepto de raccord, as marcas de acción, o retome, a lectura e desglose emocional dun guión, enfrontarse ao casting, a escoita, etc.
1ª opción
TALLER REGULAR
de novembro a xuño
Día: venres
Horario: de 16 a 18h
prezo: 70 euros/mes
2ª opción
TALLER INTENSIVO
Nª de horas: 24
6 clases de 4 horas /clase
durante 2 semanas
3 días/semana (seguidos) os días fixaranse en función da elección dos alumnos
prezo: 180 euros
3ª opción
TALLER INTENSIVO
Nª de horas: 48
12 clases de 4 horas /clase
durante 4 semanas
3 días/semana (seguidos) os días fixaranse en función da elección dos alumnos
prezo: 280 euros