A piques de rematar o Festival de Cine Internacional de Ourense a Academia Galega do Audiovisual presenta mañá na cidade das Burgas: “Papeis da Academia”. Tódolos premios, os traballos máis salientables do audiovisual galego, os seus protagonistas, unha análise do sector nun momento especialmente delicado.
Crebinsky, 18 Comidas, Mar Libre! Son só unhas mostras do que deu de si este ano o audiovisual galego…pero hai moito máis. Curtametraxes, música, as novas tecnoloxías aplicadas á imaxe…todo esto forma parte de “Papeis da Academia”.
E se falamos de música no cine, en Galicia, temos que falar de Nani García. O compositor dos sons da multipremiada “De Profundis” -entre moitas máis obras- vai interpretar en directo algunhas das pezas que se inclúen no CD recompilatorio “As músicas da Academia”, que este ano se lle dedica ao músico e compositor coruñés.
O lugar de presentación deste anuario é o Auditorio Municipal de Ourense, dentro do Festival de Cine Internacional de Ourense mañá, venres 21 de outubro a unha do mediodía. Asistirán ao actoAntonio Mourelos, Presidente da Academia Galega do Audiovisual; Nani García, compositor musical; Isabel Pérez, Concelleira de Cultura de Ourense e Presidenta do Consorcio do Festival Internacional de Cine Independente de Ourense; e Anxo Quintanilla, Director-Xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia.