WECOOP, UN NOVO XEITO DE PRODUCIR CONTIDOS AUDIOVISUAIS

17 / 10 / 2011

A produtora Continental impulsa Wecoop, unha plataforma online que, baseándose na filosofía do crowdsourcing, aspira a desenvolver, producir e comercializar contidos audiovisuais mediante a cooperación a través da rede. Trátase dunha ferramenta de alcance global que nace “para aportar solucións a unha industria audiovisual en pleno proceso de transformación, á que cada vez lle custa máis facer fronte aos custes de produción co financiamento convencional nos mercados locais”, segundo explica o produtor Pancho Casal.

Produtores, profesionais independentes e público xeral poderán participar na plataforma que lles ofrecerá diferentes oportunidades. Por exemplo, no caso dos produtores, estes terán a capacidade de xerar proxectos dende cero e procurar coprodutores, adherirse a proxectos doutros membros da comunidade, dirixir o desenvolvemento de proxectos, reducir os custes de produción, captar talento na comunidade, actuar como provedor de servizos, comercializar globalmente contidos propios ou cooperar na comercialización de contidos da plataforma no seu territorio.


Deste xeito Casal inicia o proxecto máis ilusiónante no que me enfrasquei nos últimos anos. Podedes seguir as últimas novidades sobre o mesmo no Twitter (@wecooptv), no Facebook e conta co web www.wecoop.tv, onde podedes subscribirvos.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: