PROXECCIÓN DE PA NEGRE HOXE NO CGAI

15 / 09 / 2011

Grazas ao acordo de colaboración entre a Academia Galega do Audiovisual e a Academia del Cinema Catalá, hoxe xoves 15 de setembro proxectarase no CGAI “Pa Negre”, de Agustí Villaronga, ao que este sábado se lle entregará o Premio Nacional de Cinematografía en San Sebastián. A obra clausura a proxección de filmes galardoados cos Premios Mestre Mateo e Premios Gaudí habida nos meses de maio e xuño. Haberá dous pases ás 18.00 e ás 20.45 horas, ambas en versión orixinal e a entrada é gratuíta.

Normal 0 21 false false false MicrosoftInternetExplorer4 A sesión das 20.45 horas será presentado polo vicepresidente da Academia Galega, o director Jorge Coira, acompañado do director do CGAI, Guillermo Escrigas.  


PA NEGRE / PAN NEGRO   
(España, 2010)
Dirección e guión: Agustí Villaronga, sobre a novela homónima de Emili Teixidor. Produción: Massa d’Or Produccions, TVC e TVE. Fotografía: Antonio Riestra. Intérpretes: Francesc Colomer, Nora Navas, Marina Comas, Roger Casamajor. Duración: 109 minutos.  
Na terrible posguerra da guerra civil española, en medio das penurias económicas, o estraperlo e a represión e crueldade fascista, nun pobo catalán aparecen os corpos mortos dun home e o seu fillo. Quen os atopa é Andreu, un neno fillo de derrotados do bando republicano, que pronto asiste con estupor ás acusacións das autoridades cara ao seu propio pai. Andreu tenta investigar a verdade. O resultado, un mundo de mezquindade, horror e mentiras, o dos adultos e o da sociedade da dictadura, que lle levará a tomar decisións importantes sobre o seu propio futuro e espertar unha conciencia moral. Gañadora de 9 premios Goya –os principais- contén varias revelacións, a recuperación da perspectiva infantil no relato (como nalgúns dos mellores títulos da transición), unha terna de secundarios gloriosa (Sergi López, Laia Marull e Eduard Fernández) e a consagración popular dun autor de culto, Agustí Villaronga, coñecido polas súas incursións no desasosego e a turbiedade, de Tras el cristal a Aro Tolbukhin, en la mente del asesino.

Etiquetas: