UN CICLO DE CINE DOCUMENTAL CONMEMORA EN VIGO O DÍA MUNDIAL DO ALZHEIMER

15 / 09 / 2011

Con motivo do Día Mundial do Alzheimer, que se conmemora o 21 de setembro, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia (AFAGA) organiza as I Xornadas Temáticas sobre dita enfermidade en Vigo, en colaboración co Concello, que inclúen na súa oferta un ciclo de tres documentais españois no Auditorio del Centro Social de Novacaixagalicia.

O ciclo arrancou onte, 14 de setembro, con Bicicleta, cuchara, manzana, de Carles Bosch, que narra a loita do ex-político Pascual Maragall contra o Alzheimer. O 19 de setembro verase Bucarest, la memoria perdida, de Albert Solé, sobre a loita do pai do director, o tamén político Jordi Solé Tura, contra dita enfermidade; e o 20 de setembro ofrecerase Cuidadores, de Oskar Tejedor, que relata as experiencias de quenes coidan a persoas con enfermidades dexenerativas. As tres proxeccións iniciaranse ás 20:00 horas.

Categoría: Novas
Etiquetas: