COMEZA A RODAXE DE “SEN EMBARGO, QUÉROTE”

13 / 09 / 2011

O próximo 19 de setembro comezará a rodaxe da película  “Sen embargo, quérote”,  un drama sentimental ambientado na área metropolitana dunha das grandes cidades de Galicia que aborda as consecuencias que un accidente de tráfico provoca nas vidas e relacións afectivas dun grupo de mozos de 20 anos.

Esta cuarta longametraxe do director Jorge Algora (“O neno de barro”), contará co talento emerxente de Christian Escuredo, Déborah Vukusic, Ruben Prieto, Mariana Expósito, Dani Lago, Estibaliz Veiga e Cristina Ramallal; acompañados polos sólidos valores interpretativos de Rosa Álvarez, Belén Constenla, Alfonso Agra, Cesar Cambeiro, Suso Lista, Toño Casais e Chencho Campos.

A película, que se rodará en escenarios de Oleiros, Cambre, A Coruña e Lugo, está producida por Susana Maceiras (Un Franco, 14 pesetas) de Adivina Producións, en coprodución coa Televisión de Galicia e co apoio de AGADIC.

Categoría: Novas
Etiquetas: