COMEZA O CICLO “CINE NA RÚA” NA LOCALIDADE DE A ESTRADA

5 / 08 / 2011

O concello pontevedrés de A Estrada iniciará o luns 8 de agosto o seu habitual ciclo de “Cine na Rúa”. Realizaranse, ata o 19 deste mes, 9 proxeccións, 5 delas nos xardíns municipais da vila: Iron Man 2 (o 8 de agosto), Robin Hood (o 10 de agosto), Alicia en el País de las Maravillas (o 11 de agosto), Prince of Persia (o 17 de agosto) e Shrek, felices para siempre (o 18 de agosto).

Un ano máis, as sesións tamén chegarán a varias parroquias rurais do entorno de A Estrada. Así, no campo de Santa Paterna de Arnois exhibirase o 9 de agosto Marmaduke; no campo da festa de Rubín, Cómo entrenar a tu dragón o día 12; en Santa Cristina de Vea, Viaje mágico a Africa o día 16; e en Codeseda, El plan B, el día 19. As sesións, gratuítas, iniciaranse ás 22:00 horas e, en caso de chuvia, trasladaranse aos Minicines Central (as dos xardíns municipais) ou os teleclubes ou escolas próximas (as rurais).

 

Categoría: Novas
Etiquetas: