“A CASA AMARELA”, UNHA LONGAMETRAXE FRANCO-ALXERINA NA ÚLTIMA SESIÓN DAS LÚAS DE AMAL 2011

24 / 06 / 2011

O próximo luns 27 de Xuño, ás 22.00h, terá lugar a última sesión das Lúas de Amal 2011, unha actividade do Festival Internacional de Cine EuroÁrabe Amal que empezou en febreiro en Santiago de Compostela.  A entrada será, coma sempre, libre e gratuíta ata completar aforo.

 

Nesta ocasión, o público que se acerque á Galería Caroní poderá disfrutar da longametraxe franco-alxerina A casa amarela, unha produción de 2007 realizada polo director alxerino Amor Hakkar y que gañou o premio TVG na sexta edición de Amal, en 2008. Drama familiar, narra a historia dun pai que emprende unha viaxe en busca do cadáver do seu fillo nas montañas de Aurès, no norte do país.

As Lúas de Amal naceron o ano pasado e teñen lugar cada último luns do mes, de Febreiro a Xuño. O seu obxectivo: brindar a oportunidade aos espectadores do festival de ver filmes participantes en edicións anteriores. Ademais é o público, mediante as súas votacións online, quen elixe o contido de cada sesión. Así pois, si este mes parecían empatados os votos a favor das curtas “Esperando á neve”&“Coma os cangrexos” e “A Casa amarela”, finalmente foi elixida a última, cun 46%.

Este luns será a última sesión das Lúas de Amal 2011 e espérase un público numeroso. En efecto, ao longo de cinco meses, o éxito das proxeccións foi en aumento, conseguindo sala chea. O público puido así ver de novo longametraxes coma o filme marroquí “¿Te acuerdas de Adil”” ou a produción española de Irene Cardona “Un novio para Yasmina”, premio Amal en 2009. En abril e en consonancia coa primavera árabe, o público dedicou unha sesión especial ao cine exipcio coa proxección das tres curtas “Sobre el suelo, bajo el cielo”, “Rojo Pálido” e “La Criada” e o mes pasado o Festival mudou ata a Praza do Obradoiro con tres curtas libanesas en sinal de apoio ao movemento. Nesta última sesión, as Lúas despediranse na súa sede principal: a Galería Caroní (Rúa do Vilar 21), en pleno corazón de Santiago de Compostela.

Categoría: Novas
Etiquetas: