Mañá, sábado 18 de xuño ás 18.00 h terá lugar, dentro da sección Off Galicia no especial adicado a esta novena edición dos Premios Mestre Mateo, a proxección de “Mar Libre”, dirixida por Daniel de la Torre, gañadora nas categorías de mellor película para televisión, mellor deseño de vestiario e emllor interpretación feminina protagonista.
Nesta ocasión, non haberá charla coloquio ao remate da proxección, e recordade que a entrada aos pases é gratuíta.
Para o próximo sábado 25 de xuño, haberá dobre sesión a partir das 18 horas. Radiografía dun autor de tebeos, de Marcos Nine, gañadora na categoría de mellor documental, pechará o apartado adicado ás cintas galardoadas nos Premios Mestre Mateo 2010. E inmediatamente despois, A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol, que abrirá a sección de exhibicións de filmes gañadores na última edición dos Premis Gaudí, certame no que este filme con participación galega obtivo o premio á mellor película de animación. Esta sección enmárcase no acordo de colaboración da Academia Galega do Audiovisual coa Acadèmia del Cinema Català para o intercambio de producións.