A longametraxe Doentes, dirixida por Gustavo Balza e baseada nunha obra teatral homónima de Roberto Vidal Bolaño, ven de ser seleccionada para participar na 33 edición do Festival Internacional de Cine de Moscova, na sección Focus on Spain. O evento celebrarase do 23 de xuño ao 2 de xullo de 2011 ao que acudirá o director, acompañado por algún dos productores e actores.
Protagonizada por Antonio Durán Morris e Xosé Manuel Olveira Pico, o filme conta no elenco con Maria Vázquez, Ernesto Chao, Rosa Alvarez, Farruco Castroman, Luisa Merelas, Gonzalo Uriarte, Laura Ponte, Víctor Mosqueira, Olalla Salgado, Xan Cejudo, Evaristo Calvo, Tatán, Rodrigo Roel, Julio Cela, Artur Trillo, Xosé Barato, Xosé Bonome, Manolo Cortés, Toni Salgado, Zé Paredes, Salvador del Rio e Miguel Borines.
Producida por Antón Reixa (Filmanova) e Farruco Castromán (ZircoZine), a película cumple a sua terceira semana en cines.
A historia de Valeriano (Pico) e Cañete (Morris), transcorre toda nunha noite trepidante chea de sorpresas e verdades inconfesables. Os protagonistas son dous perdedores que se complementan e retroalimentan nun escenario único, a Compostela dos anos 50.
O inesperado desmantelamento do vello Hospital Real (hoxe Hostal dos Reis Católicos) por orde de Franco, para transformalo nun hotel de luxo, enche as rúas de Santiago de enfermos, peregrinos perpetuos e pobres.
Unha noite de apacible vagabundeo convértese nunha carreira pola supervivencia de dous estranos amigados pola dor, que non podendo cambiar o mundo, loitan, por chegar a velo outra vez, pola mañá.
En palabras de Gustavo Balza, que contou con Suso Bello na dirección de fotografia, a película transmite retranca e tenrura.