O CGAI ACOLLE DENTRO DO CICLO “O CEO NA TERRA” A NATHANIEL DORSKY, PHIL SOLOMON E ROBERT BEAVERS

30 / 05 / 2011

O Centro Galego de Artes da Imaxe acolle do martes 31 de maio ao sábado 4 de xuño o ciclo “O ceo na terra. Nathaniel Dorsky, Phil Solomon e Robert Beavers”, en colaboración con La Casa Encendida e (S8) 2ª Mostra de Cinema Periférico, na que estará presente Nathaniel Dorsky.  

Comisariado por Garbiñe Ortega, “O Ceo na Terra. A multidimensionalidade no cine de vangarda norteamericano” é un ambicioso e revelador ciclo que propón un achegamento a catro dos autores estadounidenses experimentais -a colaboración co certame (S8) 2ª Mostra de Cinema Periférico en A Coruña permite que a cidade acolla noutro espazo a obra de Zoe Beloff en similares datas- onde a sensación de iconoclastia, beleza e emoción domina, construíndo unha auténtica fita, unha experiencia para o espectador máis avezado. Coproducido por La Casa Encendida, contamos coa presenza dun autor de magnetismo e recoñecemento crecentes, Nathaniel Dorsky que, logo da súa presenza no último Festival de Rotterdam, presentará tres das catro sesións dedicadas a el (xoves, venres e sábado).         

“Segundo anuncian, pronto chegará a expansión dunha nova conciencia e seremos capaces de viaxar por novas dimensións. Este ciclo nos achega a catro realizadores norteamericanos que queren experimentalo antes a través do cine: Zoe Beloff actúa como médium entre o real e o imaxinario, e o seu universo único e ás veces estereoscópico, define a relación entre os distintos planos invisibles nos que vivimos; Phil Solomon, colaborador durante anos de Stan Brakhage, representa, mediante numerosas técnicas, a abstracción reflexiva e a emoción do que está na procura constante; Robert Beavers combina elegantemente a estética do mundo natural e da arte; e Nathaniel Dorsky, consegue revelar o pulso interno dos elementos e a cadencia da luz californiana, amosando que o experimental non está rifado coa beleza. A súa obra, que se presentará case íntegra, permitenos entrar nun estado hipnótico descoñecido ata agora no cine” (Garbiñe Ortega, comisaria).     
 
Distribución programas:
Nathaniel Dorsky: Cancións cinemáticas (Triste, 1978-1996; Alaya, 1976-1987; Arbor Vitae, 1999-2000); Luz sacra (Song of Solitude, 2005-2006; Pastourelle, 2010; Threnody, 2003-2004; The Visitation, 2002); Musica cíclica: Tres variacións e un tema (Sarabande, 2008; Compline, 2009; Aubade, 2010; Winter, 2007) e Meditación (Variations, 2002; Pneuma, 1977-1983; Love’s Refrain, 2000-2001).  
Phil Solomon: Revelacións nocturnas (Nocturne, 1980; The Exquisite Hour, 1989; Psalm li: Walking distance, 1999; Yes, I Said Yes, I Will, Yes, 1999; Seasons…, 2002, realizada xunto a Stan Brakhage) e O que queda por ver (What’s out Tonight is Lost, 1983; The secret garden, 1988; Remains to be seen, 1989; The Snowman, 1995; Last days in a lonely place, 2008).
Robert Beavers: A aura de todas as cousas (Ruskin, 1975-1997; Pitcher of Colored Light, 2007; The Suppliant, 2010) e Na procura (From the Notebook of…, 1971-1998; The Stoas, 1991-1997).

MARTES 31 DE MAIO (18.00 horas)
PROGRAMA PHIL SOLOMON: REVELACIÓNS NOCTURNAS
Phil Solomon presenta ás súas pezas de xeito cronolóxico amosando a beleza do seu traballo, a forza emocional e melancólica das imaxes.

NOCTURNE    
(Estados Unidos, 1980)
Dirección: Phil Solomon. Duración: 10 minutos.
Un grito atravesa o ceo. Peza silente que evoca unha das películas de Stan Brakhage, Fire of waters.
  
THE EXQUISITE HOUR    
(Estados Unidos, 1989)
Dirección: Phil Solomon. Duración: 14 minutos.
Canción de cuna polos caídos e lamentación polo crépusculo do cine.   

PSALM LI: WALKING DISTANCE     
(Estados Unidos, 1999)
Dirección: Phil Solomon. Duración: 23 minutos.
Salmo lírico que recrea as imaxes que poderían extraerse dunha película da Idade de Bronce.     
  
YES, I SAID YES, I WILL, YES    
(Estados Unidos, 1999)
Dirección: Phil Solomon. Duración: 3 minutos.
Delicada peza musical que se apropia de películas para estudiar a cadencia do movemento.
 
SEASONS…    
(Estados Unidos, 2002)
Dirección: Phil Solomon e Stan Brakhage. Duración: 15 minutos.
Parte da serie que Brakhage titulou “…”. Inspirada nas cores e texturas atopadas nos grabados de Madeira dos artistas xaponeses Hokusai e Hiroshige.
  
MARTES 31 DE MAIO (20.45 horas)
PROGRAMA NATHANIEL DORSKY (I). CANCIÓNS CINEMÁTICAS
Nathaniel Dorsky, cineasta xa clásico da vangarda norteamericana, ten dúas grandes motivacións: as posibilidades da luz e o silencio, e a exploración dese campo de enerxía creado entre a pantalla e o espectador. Mestre da montaxe, as catro programas a el dedicados nos sumerxen nun universo exquisito e hipnótico.   

TRISTE   
(Estados Unidos, 1978-1996)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 19 minutos.
Triste é unha mostra do tipo de linguaxe cinematográfica coa que traballei durante anos.  Ao mudar delicadamente o peso das imaxes, aparece unha profunda sensación de transitoriedade e misterio” (Nathaniel Dorsky).      

ALAYA   
(Estados Unidos, 1976-1987)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 28 minutos.
Precioso filme minimalista feito de area, vento, luz e de ritmo constante.

ARBOR VITAE    
(Estados Unidos, 1999-2000)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 28 minutos.
A motivación de Dorsky neste caso é a de revelar o transparente; esa presenza misteriosa que se expande a través da árbore da vida.     
  
MÉRCORES 1 DE XUÑO (18.00 horas)
PROGRAMA ROBERT BEAVERS (I): A AURA DE TODAS AS COUSAS
Todas as películas de Robert Beavers, colaborador habitual de Gregory Markopoulos, reflicten o seu intenso estudo da poesía, a música, a pintura e a arquitectura. Herdeiro de pensadores e escritores como Leonardo Da Vinci ou John Ruskin, rescata a mirada renacentista cara ao mundo natural e o creado polo home.   

RUSKIN   
(Estados Unidos, 1975-1997)
Dirección: Roberte Beavers. Duración: 45 minutos.
Beavers vai na procura das localizacións que o escritor británico John Ruskin describe na súa obra: Londres, os Alpes e, sobre todo, Venecia. Camiña tras os pasos da súa estética, mimetizándose con Las piedras de Venecia.  
  
PITCHER OF COLORED LIGHT    
(Estados Unidos, 2007)
Dirección: Robert Beavers. Duración: 24 minutos.
O melancólico diario persoal dun home adulto que evoca momentos da infancia. A súa nai vella no xardín, luces e sombras, soedade e calma; a memoria comeza a rodar.    

THE SUPPLIANT     
(Estados Unidos, 2010)
Dirección: Robert Beavers. Duración: 5 minutos.
Unha estatua de bronce, réplica dunha escultura grega que se atopa no Altes Museum de Berlín, mira cara ao ceo coas mans abertas. Última peza ata a data de Beavers.            
  
XOVES 2 DE XUÑO (18.00 horas)
PROGRAMA PHIL SOLOMON (II): O QUE QUEDA POR VER
Phil Solomon presenta ás súas pezas de xeito cronolóxico amosando a beleza do seu traballo, a forza emocional e melancólica das imaxes.

WHAT’S OUT TONIGHT IS LOST    
(Estados Unidos, 1983)
Dirección: Phil Solomon. Duración: 8 minutos.
“A peza comezou como resposta a unha relación evaporada, pero gradualmente comezou a anticipar outras desaparicións inminentes: a mocidade, familia, amigos, tempos,…” (Phil Solomon).      

THE SECRET GARDEN    
(Estados Unidos, 1988)
Dirección: Phil Solomon. Duración: 20 minutos.
Unha leve historia que pelexa coa desaparición da inocencia, e invoca por igual terror e éxtase.      

REMAINS TO BE SEEN    
(Estados Unidos, 1989)
Dirección: Phil Solomon.. Duración: 17 minutos.
Filme melancólico dedicado á memoria da nai do autor. Un dos dez mellores títulos de todos os tempos segundo Stan Brakhage.

THE SNOWMAN    
(Estados Unidos, 1995)
Dirección: Phil Solomon. Duración: 8 minutos.
“Unha meditación sobre o recordo, o enterro e a descomposición. Un kaddish tardío para o meu pai” (Phil Solomon).

LAST DAYS IN A LONELY PLACE    
(Estados Unidos, 2008)
Dirección: Phil Solomon. Duración: 22 minutos.
“Adeus meus amigos, adeus meus queridos, se fun brusca, perdoade a miña febleza. Adeus meus amigos, adeus ás festas da tarde, lembrádeme en primavera, gañándote o teu propio pan, pronto deberás marcharte. Lembra ás túas familias e traballa polos teus fillos. Non preciso demasiado, canto maior son máis me dou de conta de que as miñas amizades leváranme, sexa cal sexa a distancia do recorrido, sexa cal sexa a razón da mágoa, os amigos que quedan bailarán comigo. Non preciso máis, isto é o que necesito“ (P. J. Harvey, Before Departure).     

XOVES 2 DE XUÑO (20.45 horas)
PROGRAMA NATHANIEL DORSKY (II). LUZ SACRA. Presentación a cargo de Nathaniel Dorsky
Nathaniel Dorsky, cineasta xa clásico da vangarda norteamericana, ten dúas grandes motivacións: as posibilidades da luz e o silencio, e a exploración dese campo de enerxía creado entre a pantalla e o espectador. Mestre da montaxe, as catro programas a el dedicados nos sumerxen nun universo exquisito e hipnótico.   

SONG AND SOLITUDE    
(Estados Unidos, 2005-2006)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 21 minutos.
Delicada expresión dunha paisaxe interior. Cine no que converxen corazón e alma.     

PASTOURELLE    
(Estados Unidos, 2010)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 16 minutos.
Último traballo de Dorsky ata a data, gañadora do Premio á mellor curtametraxe no Festival Internacional de Cine de Róterdam. Filme devoto, irmán da súa peza Aubade (2010).  

THRENODY     
(Estados Unidos, 2003-2004)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 20 minutos.
Oración pola morte do seu amigo, o influínte realizador experimental Stan Brakhage.     

THE VISITATION     
(Estados Unidos, 2002)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 18 minutos.
Unha revelación lumínica máis grande que nós…      

VENRES 3 DE XUÑO (18.00 horas)
PROGRAMA ROBERT BEAVERS (II): NA PROCURA
Todas as películas de Robert Beavers, colaborador habitual de Gregory Markopoulos, reflicten o seu intenso estudo da poesía, a música, a pintura e a arquitectura. Herdeiro de pensadores e escritores como Leonardo Da Vinci ou John Ruskin, rescata a mirada renacentista cara ao mundo natural e o creado polo home.   

FROM THE NOTEBOOK OF…    
(Estados Unidos, 1971-1998)
Dirección: Robert Beavers. Duración: 48 minutos.
O libro Introducción ao método de Leonardo Da Vinci (1895) de Paul Valéry, inflúe de xeito moi evidente a Beavers á hora de filmar esta película. Realizada á temprana idade de 22 anos, está considerada unha das súas grandes obras.      

THE STOAS    
(Estados Unidos, 1991-1997)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 22 minutos.
Feita de imaxes tomadas nos soportais desérticos de Atenas á hora da sesta; mentres, as augas fluén nun río próximo.       

VENRES 3 DE XUÑO (20.45 horas). Presentación a cargo de Nathaniel Dorsky
PROGRAMA NATHANIEL DORSKY (III). MÚSICA CÍCLICA: TRES VARIACIÓNS E UN TEMA
Nathaniel Dorsky, cineasta xa clásico da vangarda norteamericana, ten dúas grandes motivacións: as posibilidades da luz e o silencio, e a exploración dese campo de enerxía creado entre a pantalla e o espectador. Mestre da montaxe, as catro programas a el dedicados nos sumerxen nun universo exquisito e hipnótico.   

SARABANDE    
(Estados Unidos, 2008)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 15 minutos.
Peza con forma musical.  

COMPLINE    
(Estados Unidos, 2009)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 19 minutos.
Final dun ciclo. Unha sentida despedida á película de Kodachrome coa que Dorsky traballou durante anos.      

AUBADE   
(Estados Unidos, 2010)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 12 minutos.
O sol sae e oa amantes precisan marcharse lonxe. Primeira película do novo ciclo.      

WINTER   
(Estados Unidos, 2007)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 19 minutos.
Un breve periodo de sombras agocha á protagonista de case toda a obra de Dorsky: a luz da cidade de San Francisco.  

SÁBADO 4 DE XUÑO (18.00 horas). Presentación a cargo de Nathaniel Dorsky   
PROGRAMA NATHANIEL DORSKY (IV): MEDITACIÓN
Nathaniel Dorsky, cineasta xa clásico da vangarda norteamericana, ten dúas grandes motivacións: as posibilidades da luz e o silencio, e a exploración dese campo de enerxía creado entre a pantalla e o espectador. Mestre da montaxe, as catro programas a el dedicados nos sumerxen nun universo exquisito e hipnótico.   

VARIATIONS    
(Estados Unidos, 1992-1998)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 24 minutos.
Esta peza representa a procura de revelacións visuais do seu autor.     

PNEUMA   
(Estados Unidos, 1977-1983)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 27 minutos.
Na filosofía estoica, pneuma é a alma ou o vento ardente que impregna o corpo.       

LOVE’S REFRAIN    
(Estados Unidos, 2000-2001)
Dirección: Nathaniel Dorsky. Duración: 23 minutos.
Unha porta abrese, convidándonos a seguir a nosa intuición.  

Categoría: Novas
Etiquetas: