OBRADOIROS DA AAAG EN COLABORACIÓN COA MITCF DE CANGAS

30 / 05 / 2011

A Asociación de Actrices e Actores de Galicia e a Comisión Organizadora da XXVIII Mostra Internacional de Teatro Cómico Festivo de Cangas, teñen o pracer de convidarvos a participar nos cursos organizados por ambas entidades, dentro do marco da presente edición do Festival.

Nos documentos adxuntos tedes os programas dos cursos. Podedes inscribirvos a través da web: A Voz Vibrante http://aaag.es/?p=2776; Seminario de superación do actor http://aaag.es/?p=2789

Tamén está adxunto un adianto do programa da Mostra.

A todos aqueles matriculados nos cursos que desexen disfrutar, tamén, de sol e teatro, ofertan un bono para toda a semana da Mostra cun 40 % de desconto, así como información sobre aloxamentos con precios especiais para a Mostra.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: