TRES CURTAS LIBANESAS NUNHA SESIÓN ESPECIAL DAS LÚAS DE AMAL

30 / 05 / 2011

O domingo 29 de Maio, ás 22.30, terá lugar unha proxección especial do ciclo As Lúas de Amal 2011 na #acampadaobradoiro en Santiago de Compostela.

Nesta ocasión, o público que se acerque á Praza do Obradoiro poderá disfrutar de tres curtametraxes que tratan da situación do Líbano na actualidade: “O duelo da cigüeña”, “Beirut” e “A Ruta do Norte”. Estas tres películas foron as máis votadas polos internautas na páxina oficial do festival, obtendo máis dun 70% dos votos.

“O duelo da cigüena”, de Eileen Hofer (Suíza – Líbano, 2009, 14 min) narra a historia de Nasri e Nour: esperan a que caiga a noite para fuxir das crecentes tensións políticas que se viven no Líbano. Están convencidos de que serán capaces de regresar a Beirut en breve e levan consigo o máis básico. O que non saben é que deixan atrás os recordos dun paraíso perdido.

En “Beirut”, de Chloé Mazlo (Francia, 2010, 17 min), Chloe decidiu celebrar o trixésimo aniversario da chegada dos seus pais a Francia e fai unha viaxe ao Líbano tal como eles fixeran trinta anos antes para escapar da guerra, pero ao revés. Nesta viaxe, descubre o Líbano e resolve os seus problemas de identidade.

Finalmente, A ruta do norte, de Carlos Chahine (Francia, 2008, 25 min) é unha película na que Karim, un libanés de cuarenta anos, vive en Francia dende a súa adolescencia. Por primeira vez, ten que regresar ao seu país para levar os restos do seu pai, que falleciu durante a guerra de Beirut, ao pobo onde naciu. Unha reveladora road movie sobre a reconciliación dun home cos seus oríxenes que, a su vez constitúe unha reflexión sobre a vida no Líbano actual.

 

As Lúas de Amal nacen ao amparo do Festival Amal para promover o cine árabe todo o ano. Celébranse normalmente na Galería Caroní (Rúa do Vilar, nº21) cada último luns do mes. Mais información en: www.festivalamal.es

Categoría: Novas
Etiquetas: