O CGAI ESTREA “DOLI, DOLI, DOLI… COAS CONSERVEIRAS. REXISTRO DE TRABALLO” DE UQUI PERMUY

20 / 05 / 2011

O Centro Galego de Artes da Imaxe ofrece mañá sábado día 21 de maio (18.00 horas) a estrea dun documental de intervención que mestura dous tempos históricos non tan diferentes na súa esencia. Doli, Doli, Doli…coas conserveiras. Rexistro de traballo (2011) está dirixido por Uqui Permuy. A presentación contará coa intervención da súa autora e da avogada laboralista –que levou varios do casos tratados no filme- Mari Luz García Vigo. A entrada é gratuíta.  

DOLI, DOLI, DOLI…COAS CONSERVEIRAS. REXISTRO DE TRABALLO    

(España, 2011)
Dirección e guión: Uqui Permuy. Produción: [sic] Laboratorio audiovisual. Fotografía: Uqui Permuy e Xacio R. Baño. Duración: 63 minutos.
En 1989, preto de cen mulleres pecharonse na fábrica de conservas Odosa, na Illa de Arousa. Mentres estiveron alí gravaron un documental contando o que sucedía. A partires deste material, realizouse este documental que á súa vez narra a historia contada polas mesmas protagonistas, mesturando pasado con presente e achegando unha análise das relacións laborais, a idea do traballo, a figura feminina  e a evolución das loitas políticas.   

Categoría: Novas
Etiquetas: