A miniserie Mar Libre, dirixida por Dani de la Torre e producida por Ficción Producciones para a TVG, ven de ser seleccionada para un novo Festival Internacional, desta volta, o Banff World Media Festival, que se celebra en Canadá do 12 ó 15 de xuño próximo, no Fairmont Banff Springs Hotel, en Banff. O Festival contará coa presencia de broadcasters internacionais, produtores, guionistas, directores, distribuidores e executivos da industria da televisión e os medios dixitales de 25 países.
Esta película de tv, Mar Libre, foi tamén seleccionada para participar no Shanghai TV Festival, na súa 17ª edición. Competirá polo Premio Magnolia (Magnolia Award) na categoría Talking to the wind, (Falando co Vento), que se celebrará uns días antes, do 6 ao 10 de xuño próximo.
Esta película de tv dirixida por Dani de la Torre, tivo como directora de produción a Mamen Quintas; Eva Camino foi a figuirinista; os guionistas foron varios: Alberto Guntín, Daniel Sáez de Parayuelo, Víctor Sierra e Julio Casal. E os intérpretes foron Xúlio Abonjo, José Barato, Mela Casal, Xabier Deive, José Ángel Egido, Miguel de Lira, Wuilliam Miller, Isabel Naveira, María Vázquez, Luís Castro Zahera e Manuel Olveira ‘Pico’. A música é de Manuel Riveiro, e a produción executiva, de Julio Casal.
O Banff World Media Festival é unha cita que reflicte tanto o cambiante escenariod a industria de contidos dixitais como a crecente amplitude de delegados que se reciben nos Rockies cada ano, segundo afirmoi o Presidente do Consello de Directores da Fundación Banff World Media Festival, Michael Hennessy. “A medida que avanzamos, o Festival continuará ofrecendo o que conseguíu con este festival, que foi convertilo nun evento indispensable ó longo de tres décadas: contido innovador, figuras líderes da industria e unha locación espectacular”.