A curtametraxe “Dies Dei” segue dando os seus últimos coletazos e parece que, aínda que está a piques de cumprir dous anos dende a súa presentación, non quere despedirse do mundo festivaleiro sen dar algunha que outra noticia. Foi seleccionada no Taos Shortz Film Fest en Nuevo México (EE.UU), e hai uns días tamén foi seleccionada no Festival Cine a la Calle 2011 en Barranquilla, Colombia.
Aquí tedes máis información sobre a viaxe desta curta.:
http://taosshortz.slated.com/2011/films/page/2