HOXE VENRES 29, PRESENTACIÓN DA NOVELA “LA VIÑA VIEJA” DE ELIGIO R. MONTERO

29 / 04 / 2011

Hoxe venres 29 de abril ás 19.00 horas terá lugar a presentación da novela “La viña vieja” por parte do seu autor, o guionista e escritor, Eligio R. Montero.

A acción de “La viña vieja”, novela baseada na exitosa serie “Gran reserva”, ten lugar dez anos antes do comezo da serie e narra a orixe dos segredos e da rivalidade que o destino irá tecendo entre os Cortázar e os Reverte. Podería dicirse que se trata dunha “precuela” literaria da serie de televisión.

“Gran reserva”, creada por Ramón Campos e Gema R. Neira, é unha exitosa producción de  Bambu Producciones para TVE que se emite en prime time todos os xoves cunha media de audiencia cercana ao 20% de share. Eligio R. Rodriguez é un dos seus guionistas.

Ademais, o autor de “La viña vieja” escribiu guións de series como Mareas Vivas, Terras de Miranda, A vida por diante, Pequeño hotel, Hispania, Gran Reserva entre outras. Tamén foi creador e guionista de As Leis de Celavella.

O autor será presentado por Carlos Ares, Presidente da Asociación Galega de Guionistas (AGAG).

Organizan: Asociación Galega de Guionistas (AGAG) e Academia Galega do Audiovisual

Lugar: Salón de actos da Real Academia de Belas Artes, Praza Pintor Sotomayor s/n, 2º andar, A Coruña. Antigo museo de Belas Artes.

Hora: 19.00 horas

Día: 29 de Abril

Categoría: Novas
Etiquetas: