O Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc, amosa na súasétima edición do 30 de marzo ao 3 de abril un total de once películas a competición, elixidas de entre os mais dos 800 títulos recibidos, que mostran as ultimas tendencias do xénero. Dividida en Longametraxes e Curtametraxes, a sección oficial pecha cunha gala na que se entregaran 7.000 euros en premios.
Nas longas, varias propostas transcenden os limites entre a ficción e o documental. E o caso de The Arbor, de Clio Barnard, nomeada aos Bafta, os premios de cinema británicos, e ganadora de numerosos festivais internacionais, nos que se falou dela como unha das películas mais orixinais dos últimos tempos, chamada a converterse nun clásico. A tamén multipremiada en Cannes ou Xixón Todos vós sodes capitáns, do director galego Oliver Laxe, esta dentro desta tendencia, que comparte co documental Miner’s Day, do novo realizador ruso Andrey Gryazev, ganador ex-aequo en Play-Doc o pasado ano por Sanya e Pardal. Completan a sección, con aproximacións moi distintas, a produción xermano-americana Songs From the Nickel, de Alina Skrzeszewska, e Cuchillo de palo, da uruguaia Renate Costa.
Nas curtas, Coming Attractions, de Peter Tscherkassky, director austríaco referencia indiscutible do cinema experimental. O galego Marcos Nine utiliza unha técnica semellante en Manuscritos pompeianos, e algo parecido fai a holandesa Anna Abrahams na súa película Desert 79º: 3 Journeys Beyond the Known World. O documental danes The Naked of St. Petersburg, de Ada Bligard Soby, mistura xéneros nunha peza con ecos de clásicos da literatura rusa. Pola súa banda, a divertida Irma, de Charles Fairbanks, segue a rutina dunha antiga campiona mundial de loita libre feminina en México.
Por ultimo, o festival acolle a estrea europea de The D Train, de Jay Rosenblatt. A esta sección oficial súmanselle dúas retrospectivas dos directores Lech Kowalski e MarcelŁozinski, que estarán presentes xunto con convidados de todo o mundo para compartir co publico a súa maneira de entender o cinema. Os documentais de temática musical, un clásico en Play-Doc, iran acompañados de concertos por parte dos seus protagonistas. O certame segue mostrando o seu apoio aos novos creadores a través dos obradoiros O retrato filmado e Docs in Progress.