OUFF + CINECLUBE PRESENTAN: VEÑEN POLO OURO, VEÑEN POR TODO

25 / 01 / 2011

O Festival de Cine Internacional de Ourense proxectará o documental “Ven polo ouro, veñe por todo”, dentro do programa 2011: Un Espazo de Cine. Os interesados poden acudir ás proxeccións do mesmo que terán lugar no Cinebox en dobre sesión, ás 20.30 e ás 23.00 horas. O custe dos billetes será de 4 euros.

FICHA TÉCNICA
Vienen por el oro, vienen por todo [ficha]. Arxentina, Chile, 2009. Cor, 83 min. Xénero: Documental | Dirección: Pablo D’Alo Abba e Cristián Harbaruk | Guión: Pablo D’Alo Abba, Cristián Harbaruk e Rocío Azuaga | Produción: Malcine | Fotografía: Daniel Ortega | Montaxe: Alejandro Arias e Pablo D’Alo Abba | Música: Alejandro Terán, Martín Bosa, Juan Patricio Mendoza e Pablo D’Alo Abba | Intérpretes: Julieta Díaz (narración) | Versión orixinal en castelán.

PREMIOS
Premio Calpurnia ao Mellor Documental no 15 Festival de Cine Internacional de OUrense
 
SINOPSE
En Esquel, na provincia da Patagonia, unha empresa canadiana obtén os dereitos para extraer ouro e prata dunha mina ubicada a 7 km da cidade, usando enormes cantidades de auga e cianuro. Este documental narra a épica historia dunha vila que se enfrontou ao poder político e económico, abordando desde un rigoroso traballo estético e narrativo a loita pola autodeterminación dun pobo fronte á explotación mineira e desarticulando as falsas promesas de desenvolvemento a partir de novas formas de organización político-social.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: