AS CURTAS PRESENTADAS AOS PREMIS GAUDÍ PROXÉCTANSE HOXE NA CORUÑA

12 / 01 / 2011

A Academia Galega do Audiovisual proxecta hoxe mércores varias das curtas presentadas aos Premis Gaudí deste ano, que se celebrarán o vindeiro día 17 de xaneiro en Barcelona. Esta actividade vén celebrándose dende o ano pasado, onde as curtas presentadas aos Premis Gaudí son proxectadas en Galicia, antes de recibiren os galardóns. Posteriormente tamén serán exhibidas as longametraxes premiadas. Do mesmo xeito, as obras presentadas aos Premios Mestre Mateo, no capítulo de curtas e longas premiadas, tamén serán exhibidas en Cataluña.

Na cidade herculina todos os interesados poderán gozar co mellor do panorama audiovisual catalán na sede da Fundación Caixa Galicia a partir das 19.30 horas, co visionado de Lastrain, de Tony López e David Sanz; Estar aquí, de Silvia González Laá; Mi nombre es Alex, de Gerardo Vieytes; La venganza de Mariela, de Luis Cabeza Requena; La culpa, de David Victori; Todo queda en familia, de Luis Fabra; Mecanoscrit V2.1, de Juan Irache; e La cita, de Santiago Lapeira.

Esta actividade organizada pola Academia Galega do Audiovisual conta coa colaboración da Acadèmia del Cinema Catalá e a Fundación Caixa Galicia. Tedes máis información na web www.academiagalegadoaudiovisual.gal

Etiquetas: