AS CURTAS PRESENTADAS AOS PREMIS GAUDÍ CHEGAN A LUGO

11 / 01 / 2011

A Academia Galega do Audiovisual proxectará mañá luns ás 19.30 horas, na sede da Fundación Caixa Galicia, as curtas presentadas aos Premis Gaudí deste ano, que se celebrarán o vindeiro día 17 de xaneiro en Barcelona. Esta actividade vén celebrándose dende o ano pasado, onde as curtas presentadas aos Premis Gaudí son proxectadas en Galicia, antes de recibiren os galardóns. Posteriormente tamén serán exhibidas as longametraxes premiadas. Do mesmo xeito, as obras presentadas aos Premios Mestre Mateo, no capítulo de curtas e longas premiadas, tamén serán exhibidas en Cataluña.

Así, en Lugo, poderemos gozar coas seguintes obras: Las piedras no aburren, de Marta Parreño Gala; La Lona, de Jaime Serrano; La historia de siempre, de José Luís Montesinos, Fuck war, de Germán Roda, Lucille, de Albert Pintó, Amistad, de Alejandro Marzoa; Voces Vitales, de Julieta Zabaleta Rondón; Amor por metro cuadrado, de Jorge Carrascosa; e Gear School-Plug & Play, de Luis Calvo e Ismael Ferrer.

Tedes máis información na web www.academiagalegadoaudiovisual.gal

Etiquetas: