O CGAI continúa coa súa programación para este mes de xaneiro. En concreto ao longo deste comezo de 2011 os afeccionados ao cine poderán gozar con:
*Escola de Berlín. Presentamos un percorrido por un dos fenómenos fílmicos máis suxestivos da cinematografia europea recente, a Escola de Berlín, dúas xeracións de cineastas alemáns xurdidas a partires de mediados dos 90 dos que o CGAI, en colaboración unha vez máis co Festival Internacional de Cine de Gijón, o Goethe Institut, a Filmoteca de Cantabria e IVAC-La Filmoteca de Valencia, fai unha escolma de títulos.
*Homenaxe AEHC: Eduardo Ducay. Homenaxe da Asociación Española de Historiadores del Cine (AEHC) ao produtor Eduardo Ducay (Zaragoza, 1926), coa proxección de curtametraxes dirixidas por el e producións súas como TRISTANA, LOS CHICOS, PADRE NUESTRO. O día 18 de xaneiro mesa redonda de homenaxe coa presenza do propio Ducay.
*Luis Miñarro presenta…Un dos produtores independentes máis importantes da actualidade, Luis Miñarró (Barcelona, 1949) toma riscos con autores nacionais (Orbe, Recha, Guerin, Vila, Serra) e internacionais (Apichatpong Weerasethakul, Oliveira, Lisandro Alonso). Dez titulos emblemáticos da súa filmografía que inclúen as súas dúas incursións como director (FAMILY STRIP e BLOW HORN). O ciclo inugúrase coa presenza de Miñarro o 25 de xaneiro.
*F. W. Murnau. Tributo ao mestre do cine mudo e inicios do sonoro. Catro dos dez titulos irán con acompañamento musical (piano) en sala a cargo de Javier Pérez Castro.
*Off Galicia. Estrea de abundante material galego e homenaxe ao falecido director Miguel Gato.
*CGAI Júnior