Este mércores a partir das 22.45 horas a segunda canle da Televisión de Galicia emite o documental galego “O Segredo da Frouxeira”. A peza audiovisual, dirixida por Xosé Abad, presenta una nova perspectiva sobre a Guerra Civil Española e as súas consecuencias na actualidade.
“Nós non pedimos vinganza, só coñecer a verdade” Setenta anos despois dun traumático acontecemento familiar, Paulino Gasalla atopa un pequeno paquete con recortes e recordos. Impresionado inicia unha minuciosa investigación que lle levará a se enfrontar ás consecuencias que implica o seu descubrimento. “O Segredo da Frouxeira” afonda na historia de catro familias relacionadas entre si por un feito dramático silenciado durante décadas.