PABLO PORTERO IMPARTE UN CURSO SOBRE GUIÓN E NARRATIVA AUDIOVISUAL ORGANIZADO POR ARTERIA NOROESTE

12 / 11 / 2010

Arteria Noroeste segue a programar diversas actividades formativas para os profesionais do audiovisual. Froito destas accións terán lugar os seguintes cursiños durante o mes de novembro. Os asistentes a estes eventos poderán gozar con profesionais destacados en cada unha das materias sobre as que versarán as charlas e master class.

O vindeiro xoves 18 deovembro ás 16.30 horas ter´lugar o curso “GUIÓN E NARRATIVA AUDIOVISUAL”. Profesor: Pablo Portero. Proposta para amateurs e profesionais do sector audiovisual que queren aprender máis acerca das técnicas de guión e narrativa a través da análise. Pablo Portero, guionista e director, detallará o desenvolvemento dunha idea dándolle unha estrutura, dotándoa de personaxes e diálogos, e enriquecéndoa creando conflitos e triángulos. Do 18 de novembro ao 3 de decembro, un total de 27 horas. Máis información e inscricións: 981.569183 / gnieves@sgae.es.

Proximamente os interesados tamén poderán asistir ás seguintes accións:
-“Efectos cinematográficos con After-Effects”. Duración: 20 horas. Datas: 22 a 25 de novembro.

-“Fotografía Creativa”. Profesor: Jesús Madriñán. Duración: 20 horas. Datas: 13 a 20 de decembro.

Asemade, ao longo dos vindeiros días no auditorio de Arteria Noroeste os asistentes poderán gozar dos seguintes espectáculos teatrais e cinematográficos.

13 de novembro
I MOSTRA DE TEATRO AMATEUR [ESCENAMATEUR]. Compañía Melpómene: “Pared”. Catro voces para contar, dende diferentes perspectivas, a mesma historia: unha muller e a violencia de xénero. Trátase dunha montaxe da compañía madrileña Melpómene que forma parte da I Mostra de Teatro Amateur, organizada coa colaboración da asociación Escenamateur en ARTERIA Noroeste.
CINE CATIVO. “Willy Fog: 20.000 leguas de viaje submarino”. Willy Fog e os seus amigos viven no submarino Nautilus as aventuras narradas na popular novela de Jules Verne. Proxección contida no ciclo Cine Cativo, dedicado á produción audiovisual familiar de orixe galega, española ou latinoamericana.
14 de novembro
ESCENA CONTEMPORÁNEA. Compañía Adolfo Simón: “Obligación”. Dous actores de títeres observan e reflexionan sobre as reaccións do seu público, provocándoas e analizándoas. Trátase dunha montaxe da reputada compañía madrileña de Adolfo Simón.
16 de novembro
ESCENA EN FAMILIA. Txotxongillo Taldea: “¿Por qué vive en el bosque la abuela de Caperucita Roja?”. A compañía vasca presenta unha obra de monicreques na que un neno reflexiona e fai reflexionar sobre os contos clásicos. Para nenos e nenas de 4 anos ou máis.
20 de novembro
I MOSTRA DE TEATRO AMATEUR [ESCENAMATEUR]. Teatro Estudio: “The… Con mujeres”. Catro actrices contan respectivas historias de mulleres con malas cartas na vida. Trátase dunha montaxe da compañía donostiarra Teatro Estudio que forma parte da I Mostra de Teatro Amateur, organizada coa colaboración da asociación Escenamateur en ARTERIA Noroeste.
CINE CATIVO. “Yolanda: El secreto de la rosa negra”. A filla do Corsario Negro loita por libera-lo Caribe da tiranía. Proxección contida no ciclo Cine Cativo, dedicado á produción audiovisual familiar de orixe galega, española ou latinoamericana.

Categoría: Novas
Etiquetas: