A Academia Galega do Audiovisual ven de presentar un ano máis o Foro Academia Aberta “Creatividade na crise. Adaptarse ou desaparecer”. Nesta oitava edición, o Foro afondará no problema da crise económica estructural e en como potenciar as dificultades para convertelas en oportunidades de éxito apoiándose, sobre todo, na creatividade e na innovación. O evento, que está coordinado polo Académico Manolo González, enmárcase dentro do festival Cineuropa, e terá lugar dende o 16 ao 18 de novembro na sede da Fundación Caixa Galicia en Santiago de Compostela.
Dende esta nova edición do Foro Academia Aberta preténdese abrir unha pequena cancela que permita indagar e investigar, de forma profesional, novas vías de financiamento, de innovar na distribución dos produtos audiovisuais e mesmo de amosar outros xeitos de contar historias. En definitiva, para seren conscientes de que precisamos entender e adaptármonos en positivo a estes novos tempos, e ademais porque neles poden estar as claves do futuro dos traballadores do noso audiovisual.