O documental “Lira, reserva de Vida na costa da Morte” de Saga TV S.L., será proxectado en París o próximo 25 de novembro ás 13.30 horas, no marco do 28º Festival Internacional du Films d´Environnement, FIFE. O festival seleccionou a película galega producida por Saga TV S.L. de entre máis de tres mil títulos.
O documental, que relata a trascendencia da creación da Reserva Mariña de Interese Pesqueiro a instancias da propia comunidade pesqueira artesanal, compartirá escenario con películas de relevancia mundial como por exemplo o documental “The End of the Line”, de Rupert Murray.
Un acontecemento de relevancia internacional no que Saga TV S.L. estará presente, co fin de espallar o audiovisual galego máis alá das nosas fronteiras. Farao grazas á colaboración da Consellería do Mar, Xunta de Galicia.
Esta será a segunda vez neste 2010 en que “Lira” se proxecte nun certame global, despois da experiencia no Festival Internacional de Cine y Medio Ambiente de la Ciudad de Zaragoza, ECOZINE.