O curso será impartido por Sonia Méndez e celebrarase de novembro a xuño, e ten coma obxectivo facer que cada alumno/a aprenda a aplicar as súas calidades interpretativas ao código audiovisual para obter o máximo proveito das posibilidades expresivas que este medio ofrece: o primeiro plano, a fragmentación, a descontinuidade dramática, etc.
Cun carácter práctico, traballaranse escenas e secuencias de diferentes códigos audiovisuais (dende a secuencia televisiva a escena fílmica) e faranse múltiples prácticas gravadas coa intención de que alumno perda medo á cámara e se familiarice coa linguaxe propia do medio: o concepto de raccord, as marcas de acción, o retome, a lectura e desglose emocional dun guión, enfrontarse ao casting, a escoita, etc.
Cada alumno/a recibirá, ademais, nocións básicas da linguaxe fílmica e da dirección de actores complementado con visionados de documentais, makings off, secuencias fílmicas, etc. así como visitas e charlas periódicas de profesionais de distintas ramas do sector.
Tedes máis información en http://espazoaberto.net/formacion-actoral/actuacion-diante-da-camara