ANTONIO BANDERAS RECIBIRÁ A ESPIGA DE HONRA DE SEMINCI

14 / 10 / 2010

Hoxe foi a presentación oficial da 55 edición da Semana Internacional de Cine de Valladolid, que contou coa presenza de diferentes autoridades e representantes de entidades que apoian ao certame.

Os padriños serán Pilar López de Ayala e Antonio Banderas, que acudirán á inauguración do festival o vindeiro sábado 23 de outubro e cuxa gala de clausura celebrarase o sábado 30 do mesmo mes.  

O director do certame, Javier Angulo, adelantou algunhas novidades e actividades que terán lugar durante a celebración do certamen. A edición deste ano estará adicada á memoria de dúas figuras inesquecibles, o escritor Miguel Delibes e o recentemente falecido Claude Chabrol.  

Por outra banda, Brasil será o exe do segundo ciclo do certame que amosará unha selección de doce longametraxes máis representativas da última época do cine brasileiro.  A sección Spanish Cinema, centrada coma sempre en amosar o mellor cine realizado ao longo do ano, presentará nesta edición o preestreno de “Bon appétit”, de David Pinillos, e “Planes para mañana”, de Juana Macías, ambas óperas primas. 

Tódalas actividades e o xurado das diferentes seccións, está disponible en versión PDF da revista Seminci na páxina www.seminci.es

 

 

Categoría: Novas
Etiquetas: