A SERIE TELEVISIVA “OS VIAXEIROS DA LUZ” CELEBRA O SEU VINTE ANIVERSARIO

24 / 09 / 2010

Esta fin de semana, o equipo técnico e artístico de “Os Viaxeiros da Luz” perderase no Courel e visitará a Devesa de Rogueira, unha das reservas botánicas máis frondosas de Galicia, onde os “viaxeiros” Anxo Cabada, Xosé Carlos López Corral, Pepe Fortes e Valentín Carrera percorrerán as súas andainas en busca de cabalos.

A historia de “Os Viaxeiros da Luz” arrinca en 1990 cando catro cabaleiros andantes percorreron Galicia á antiga usanza: a cabalo, polos vellos camiños de ferradura, en barco e en globo. “Os Viaxeiros da Luz” fixeron coa a súa andaina unha radiografía intemporal de Galicia. Vinte anos despois, o equipo reúnese para celebrar o seu aniversario, nun dos belos lugares que formaran parte da travesía da serie.

A serie de televisión, coproducida por Televisión de Galicia e Caixanova e dirixida por Valentín Carreira segue a ofrecer hoxe unha completa radiografía humana, cultural, xeográfica, paisaxística e ecolóxica que constitúe un retrato intemporal que soubo envellecer dignamente. A idea orixinal da viaxe inspirouse nas andainas das antigas viaxes de xente como George Borrow, Richard Ford, Vaughan, Sarmiento, Ambrosio de Morales, Pardo Bazán, e incluso Otero Pedrayo e Vicente Risco.
 

Categoría: Novas
Etiquetas: