O Festival de Cine Internacional de Ourense (Ouff) presenta este xoves, en formato de almorzo/rolda de prensa, a súa programación oficial para 2010, na que ademáis dos 15 anos de Festival tamén se festexarán os 25 da CRTVG e os 150 do nacemento de Rabindranath Tagore.
Isabel Pérez, presidenta do Consorcio para o Festival de Cine e concelleira de Cultura no Concello de Ourense, Rosa Vilas, directora da TVG, e Enrique Nicanor, director do Ouff, serán os encargados de presentar os filmes a concurso e todas as novidades desta nova edición da festa do cine.
A rolda de prensa terá lugar na rúa da Canle número dous a partir das 11.00 horas da mañá na Oficina do Festival.