A produtora de cine dixital coruñesa, Pixel Films, convocará un casting para un novo proxecto, unha curtametraxe titulada Kune e dirixida por Carlos Seijo. O evento levarase a cabo en Santiago de Compostela, o próximo Mércores, 1 de Setembro.
Pixel Films leva desenrolando múltiples proxectos, pero incide en que esta curtametraxe é un paso cara adiante: trátase dun traballo ambicioso, que mesturará animación 3D con imaxe Real.
A dirección da mesma está a cargo de Carlos Seijo, guionista e director de múltiples proxectos que sempre escapan do habitual, construíndo nos seus traballos universos propios, en en este caso, Kune non ía ser menos.
Tras a boa aceptación da proba realizada na Coruña a semana pasada preténdese ver a máis candidatos antes de decidir ó actor ou actriz que encarnara a un precioso personaxe. O perfil requerido é o de un neno ou nena de entre 8 e 11 anos, de calquera nacionalidade e non se require que se fale o galego ou o castelán correctamente.
A proba realizarase nas instalacións de AISGE SANTIAGO, situado na Rúa Monte dos Postes, 14 baixo en Santiago de Compostela.
Todo o que queira participar no casting poderá pedir cita previa no seguinte contacto sara@pixelfilsmes ou chamando ao número de teléfono 622171751, ou presentándose nas instalacións a partir das 10.00 e ó longo da mañá do 1 de Setembro. Á entrada informaranlle do proceso e as instrucións necesarias para completar o casting.