VIGO ACOLLERÁ NO MES DE NOVEMBRO O PRIMEIRO FESTIVAL INTERNACIONAL DE CURTAMETRAXES ‘CURTOPÍA 2010’

3 / 08 / 2010

O vindeiro mes de novembro celebrarase o I Festival Internacional de Curtametraxes de Vigo, Curtopía 2010. Un festival que emerxe para impulsar a creación audiovisual dos máis novos. Os realizadores e produtores, menores de 30 anos, terán a posibilidade de amosar as súas obras e formar parte da selección oficial de Curtopía 2010. As categorías competitivas, nesta primeira edició, son Curtametraxe de Ficción, Curtametraxe documental e Videoclip. O prazo de presentación das obras xa está aberto e rematará o 15 de setembro de 2010. Os traballos presentados terán unha duración inferior aos 30 minutos. Para participar, entra en www.curtopia.es  e descarga as bases e o formulario de inscrición.

Categoría: Novas
Etiquetas: