OS DÍAS 10 E 11 CELÉBRANSE UNHAS XORNADAS SOBRE NEGOCIO AUDIOVISUAL NO MUSEO DA PRENSA DA VOZ DE GALICIA

7 / 06 / 2010

O curso de posgrado en Comercialización Internacional de Contidos Audiovisuais (CICA), que desenvolve o Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA), organiza as xornadas “El nuevo modelo de negocio audiovisual: la comercialización de contenidos low cost” que se celebrarán os próximos 10 e 11 de xuño.

O día 10, José María Irisarri, Presidente executivo de Vértice 360º e  Modesto Rubio, Director xeral de operacións de Plural Entertainment, falarán dos sistemas de produción e distribución como elementos claves na nova oferta de contidos low cost.

O día 11, Peter Boland, Director xeral de Universal McCann; Joan Rosés Director de Activa Multimedia; Talinka Martínez, Directora comercial da produtora ZZJ; Víctor García, Director xeral de La Isla Producciones, e Mar Martínez, Directora de contidos de Neox, Nova e Canal Internacional (Antena 3), abordarán a Televisión Dixital Terrestre como novo modelo de negocio.

Ambas sesión celebraranse no Museo da Prensa da Voz de Galicia no polígono de Sabón de 10 a 14.30 horas. A inscripción é gratuíta e tódolos asistentes recibirán un diploma certificativo da súa asistencia. Tense que confirmar á asistencia ou ben chamando ao teléfono 981 180 416 ou escribindo a fundacion@lavoz.es.

Categoría: Novas
Etiquetas: