O curso de posgrao en Comercialización Internacional de Contenidos Audiovisuais (CICA), que desenvolve o Máster en Produción e Xestión Audiovisual (MPXA), celebra o foro “As salas de cine e espazos públicos como pantallas de eventos en directo: ¿unha nova forma de explotación comercial para o sector audiovisual?”, a cargo de Ángela Álvarez Rilla, produtora executiva e responsable do programa audiovisual do Teatro Real de Madrid.
Álvarez Rilla, que durante oito anos foi produtora executiva de Opus Arte do Reino Unido, empresa asociada á BBC e propiedade do Royal Opera House-Covent Garden, analizará durante a súa intervención os nuevos contidos para salas de cine e os novos espazos de exhibición, as posibilidades da tecnoloxía 3D para eventos en directo e o caso concreto do Metropolitan Opera de Nueva York, entre outros aspectos.