A oficina do MEDIA Programme – Development confirmou á empresa galega Artemática, produtora do film, a concesión dunha axuda para o desenvolvemento do proxecto documental titulado “Querida Gina”, que dirixirá a galega Susana Sotelo.
A dificultade para acadar unha axuda no prestixioso Programa, ao presentarse miles de proxectos de tódolos países da Unión Europea, así como o alto grao de excelencia que se require para ser seleccionados, convirten a nova nun logro do audiovisual galego.
María Sotelo, xefa de produción do documental, espera que a marca do MEDIA europeo sirva para facilitar as ventas internacionais e pechar a financiación do proxecto que, polo de agora, pertence á Televisión de Galicia e que se presentará o vindeiro mes en DOCSMADRID, que se celebrará na capital de España do 10 ao 13 de maio.
O documental, escrito por Susana Sotelo e Carla Rivera, conta, nun tono de comedia humana, a historia de dous amigos de Cans (Pontevedra) que cumpliron o servizo militar no ano 58 en Valdespartera (Zaragoza), onde traballaron como extras da película “Salomón e a raíña de Saba” de King Vidor, cinta protagonizada por Yul Briner e Gina Lollobrigida. Medio século máis tarde do estreno, cheos de nostalxia, deciden embarcarse nunha road-movie desde Cans a Roma, pasando polos lugares da rodaxe e polo Cannes francés, para visitar xa en Italia a Gina Lollobrigida.
Con esa escusa, Susana Sotelo contará en galego, castelán, inglés, francés e italiano, o inicio da época do chamado Hollywood Español, onde comenzaron a súa carreira algunhas lendas do cine nacional como Gil Parrondo, López Rodero ou Tadeo Villalba, entre outros grandes profesionais.