“RELATOS”, AVALADA POLA CRÍTICA INTERNACIONAL

29 / 03 / 2010

A película Relatos, acaba de ser catalogada dentro das mellores cinco películas españolas do ano, compartindo este recoñecemento se atopan Celda 211, Ágora, Pagafantas e 25 Kilates. A lista foi elaborada por Johnattan Holland para a International Filme Guide, a publicación anual máis seria e prestixiosa do cine internacional.

A revista “Variety” recolle no seu interior artículos en referencia á acollida que a película tivo en Festivais Internacionais do prestigio de San Sebastián e Tokio.

A estrea en cines de “Relatos” tivo lugar en Pontevedra o pasado venres 26 de marzo. Elixiuse a cidade de residencia do director e protagonista e tamén de rodaxe da película para a primeira proxección.

A súa andadura polas salas comerciais continuará por toda Galicia e o resto de España, sen descartar algunas plazas europeas como París, Berlín ou Munich, onde se avanzan os contactos para concluir a proxección universal do film.

Categoría: Novas
Etiquetas: