O ‘Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu’, que este ano celebra a súa 3º edición, abre o prazo de inscrición e envío de traballos audiovisuais ata o 15 de xuño. Dende a organización do ‘FICBUEU´010’ seleccionarán as 25 obras finalistas, que serán anunciadas a través da web o 15 de xullo.
O evento audiovisual que se celebra en Bueu dende hai tres anos volve ó calendario de 2010. Do 6 ata o 11 de setembro, este concello pontevedrés ofrecerá a mostra dos mellores traballos enviados. Para poder consultar máis información sobre o festival e as súas actividades pode consultarse a web: www.ficbueu.com