ESTE LUNS REMATA O PRAZO DE ALEGACIÓNS ÁS CANDIDATURAS ACEPTADAS PARA OS PREMIOS MESTRE MATEO 2009

14 / 01 / 2010

A Academia Galega do Audiovisual lembra que este luns día 18 ás 13.00 horas remata o prazo para presentar alegacións dos socios da entidade á listaxe de candidaturas aceptadas pola Comisión de Seguimento dos Premios Mestre Mateo 09.

As candidaturas aprobadas están dispoñibles na web da Academia dende o pasado día 8 de xaneiro, conforme aos prazos establecidos. Esta información pódese consultar no apartado de Actividades/Premios Mestre Mateo. O vindeiro mércores día 20 publicarase a listaxe coas candidaturas definitivas para cada unha das 26 categorías que contemplan os galardóns.

Composición da Comisión de seguimento dos PMM 09:

Área de dirección, Jairo Iglesias

Área de produción, Diana Gonçalves

Área de Arte, Ángel Nimo

Área de interpretación, Tamara Canosa

Área de música e son, Arturo Kress

Área de escritores audiovisuais, Puri Seixido

Etiquetas: