O vindeiro 20 de xaneiro terá lugar a estrea do documental O segredo da Frouxeira, dirixido por Xosé Abad e producido por EAF e a Televisión de Galicia. O acto terá lugar ás 20:00 h. no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. A entrada será libre, e desde a organización aconséllase chegar con antelación para coller sitio, xa que por normas do teatro non se reservan asentos.
Sinopse: Setenta anos despois dun traumático acontecemento familiar, Paulino Gasalla atopa un pequeño paquete con recortes e recordos.Impresionado inicia unha minuciosa investigación que lle levará a se afrontar ás consecuencias que implica o seu descubrimento. Este documental repasa a historia de catro familias relacionadas entre si por un feito dramático silenciado durante décadas pero que durante 70 anos levaron traxectorias paralelas.
Máis información en www.osegredodafrouxeira.com ou http://www.youtube.com/watch?v=c05q61dop3Q.
Pódese confirmar asistencia en abad@estudioabad.com.