O día 21 de decembro comezará a rodaxe na localidade coruñesa de Sada da nova curtametraxe de Jairo Iglesias. Efectos Colaterais, é a historia de dúas parellas de mozos que ás portas da madurez persoal, vénse envoltos nunha trama sentimental que rematará cun asesinato. Un thriller con tintes cómicos, que trata de adentrarse nos sentimentos das persoas e como respondemos ante o materialismo que diariamente nos invade.
Nesta ocasión o director Compostelan embárcase nunha nova produción que contará cos actores Galegos María Mera, Marcos Pereiro, Juanma Buiturón, Elena Couto e Sonia Méndez.
Esta curtametraxe rodaráse en Cine Dixital, aproveitando o novo material técnico de rodaxe que adquiriou a produtora que levará adiante o proxecto, Pixel Films. Esta mellora supón unha calidade técnica e visual similar ás grandes producións cinematográficas.
Esta produción que conta co apoio do Concello de Sada, a través da Concellería de Cultura, será producida por Pixel Films, que desta maneira estrenaráse na produción propia de curtametraxes.
A rodaxe terá lugar durante tres días en diferentes lugares do Concellos sadense, como a Casa da Cultura, o cruceiro de Carnoedo e o porto.