O CGAI ESTREA O FILME “LOS LÍMITES DEL CONTROL”

4 / 12 / 2009

O Centro Galego de Artes da Imaxe estrea hoxe xoves e proxecta de novo mañá venres día 4 de decembro (20.30 horas) a película LOS LÍMITES DEL CONTROL (2009) de Jim Jarmusch, un thriller rodado en terras españolas que inclúe no seu reparto a Bill Murray, Luis Tosar e Oscar Jaenada.

Los límites del control é un thriller dramático a cargo do maxistral Jarmusch (Down by law; Dead man; Ghost Dog. El camino del samurai) que segue as misteriosas andanzas (por terras españolas) dun fóra da lei que ten que completar un traballo do que descoñecemos os seus obxectivos. Viaxe pola conciencia e a propia Historia do cine arropada por actores como Bill Murray, Tilda Swinton, Oscar Jaenada, John Hurt e Gael García Bernal.

Categoría: Novas
Etiquetas: