Zeltia Montes foi nomeada aos prestixiosos premios Hollywood Music in Media Awards na categoría de Mellor Compositor Novel polo tema principal da banda sonora da película “Pradolongo” dirixida por Ignacio Vilar e producida por Vía Láctea Filmes.
Os HMMA elixen tan só un reducido grupo de Nomeados de entre miles de obras presentadas a concurso dende todo o mundo. As votacións lévanse a cabo durante 5 meses entre os meses de xuño e outubro de 2009. Os 5 nomeados na categoría de Mellor Compositor Novel son:
Leah Curtis – Southwest of Here (Original Motion Picture Soundtrack)
Zain Effendi – Gagetown
Amanda Lee Falkenberg – Forgotten Arabia
Zeltia Montes – Pradolongo – Main Theme
Shawn Clement – Universe of Possibliites
O evento principal terá lugar o xoves, 19 de novembro de 2009 ás 19:30 horas (hora local en Los Ángeles) no mundialmente coñecido Hollywood & Highlands /Kodak Theater complex en Hollywood, California.
O evento creceu ata ser considerado polo creadores de tendencias na industria musical en Hollywood como a celebración musical de-facto na que “O Futuro da Música” preséntase hoxe.
A ceremonia incluirá a presentación a cargo de celebridades como Adam Gaynor (Membro Fundador de Matchbox 20), e farase entrega do premio especial por méritos en toda a súa carreira ao gañador dun Oscar da Academia John Debney, compositor da nova película taquilleira “Iron Man II”.
Outros dos presentadores serán: Gilby Clarke (Guns&Roses) Scarlett Pomers (Actriz) Christina Martin (Media maven) Ryan Yerdon (Puddle of Mudd) Howard Hewett (estrella discográfica) …¡E moitos máis!
Entre os nomeados a outras categorías atópanse compositores nomeados aos Oscars da Academia como Michael Giacchino (“Up”- Disney/Pixar / “Star Trek”-Paramount), Alexandre Desplat (“Julie & Julia”-Columbia Pictures), o compositor Christopher Young (“Creation”-BBC Films) nomeado aos Globos de Oro e aos Emmy e o gañador de un Emmy Jim Dooley entre outros. Os premios Hollywood Music in Media Awards recoñecen e premian a música para medios visuais, o talento dos individuos responsables dela, e tanto a música comercial como a de artistas independentes de todo o mundo polas súas composicións e gravacións para todo tipo de formatos incluindo cine, TV, videoxogos, anuncios, trailers e videos musicais.
Os HMMA son tamén a primeira ceremonia adicada á música que recoñece e premia a excelencia en supervisión musical. Ademáis, faise entrega dun premio especial por méritos profesionais a toda unha carreira e por lonxevidade na industria do entretenimento a persoas emblemáticas.
A ceremonia dos Hollywood Music in Media Awards é unha entrega de premios con alfombra vermella e nas dúas dúas horas de duración hai actuacións en directo, celebridades que farán presentacións, e gravarase con múltiples cámaras HD para a súa posterior montaxe e emisión por televisión.
O xurado dos HMMA está composto por visionarios da industria e inclúe supervisores musicais, responsables de librerías musicais, produtores, publicistas, xornalistas, artistas, representantes, editores e outros profesionais do entretenimento. O xurado revisa, evalúa e selecciona aos nomeados mediante un proceso de selección/votación interno. Unha vez seleccionados os nomeados, o consello asesor dos HMMA, o xurado e os produtores dos HMMA votan en cada categoría. Os resultados danse a coñecer na gala e en Internet a partir dese momento.
Os nomeados ás categorías dos distintos xéneros musicais pódense ver na ligazón:
http://www.hmmawards.com/index.php?option=com_content&view=category&layout=bl
og&id=36&Itemid=
Podedes baixar a nota orixinal emitida pola organización dos HMMA picando aquí.
A compositoria Zeltia Montes, graduada con dobre licenciatura na prestixiosa ” Berklee College of Music” de Boston, tamén viu recoñocido o seu traballo en PRADOLONGO co premio “Director´s Choice Gold Medal for Excellence”, co Premio ao Maior Impacto Musical nunha Película na 6ª Edición do “Park City Film Music Festival” de Utah (EEUU), e o Moondance Atlantis Award de Colorado (EEUU). En España tamén se fixo co Premio Jerry Goldsmith na categoría de Mellor Banda Sonora Orixinal para Longametraxe no IV Congreso Internacional de Música de Cine “Ciudad de Úbeda” 2008. Nese mesmo certame recibiu tambén o Premio Jerry Goldsmith Award ao mellor compositor Novel.
Na actualidade Zeltia reside en Los Ángeles e combina a súa actividade como compositora para música de cine e televisión coa composición de obras para distintas orquestas. Podedes atopar máis información na súa páxina web:www.zeltiamontes.com
Producida por Vía Láctea Filmes PRADOLONGO conta coa participación de TVG e coa axuda da Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, da Axencia Audiovisual Galega, da Deputación de Ourense. Tamén contou coa colaboración da Secretaría Xeral de Comunicación Audiovisual, Turgalicia e da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Podes atopar máis información en: