CICLOS GGAI PARA NOVEMBRO

30 / 10 / 2009

O GGAI ofreccerá sete novos ciclos durante o mes de novembro:

·          New Hollywood Novos Thrillers (I). Aproximación ao thriller estadounidense
dos anos 70. Inicio do ciclo coas proxeccións de BULLITT e EL DETECTIVE como
previo.

 

·          Foco Sueste Asiático BAFF: achegamento ás cinematografías recentes de
Indonesia, Filipinas e Malasia con títulos como BLINK de Ronaldo M.
Bertubin, ADELA  de Adolfo Alix, jr. SERBIS de Brillante Mendoza, OPERA JAWA
de Garin Nugroho ou LASKAR PELANGI de Riri Riza.

 

·          Alain Robbe-Grillet. Retrospectiva sobre o literato e cineasta francés
recentemente falecido (1922-2008).

 

·          Social Cine´09. Pase dunha selección de curtas españolas en colaboración co
Festival Gay Visible.

 

·          Fóra de serie: estreas de WONDERFUL TOWN, DESGRACIA, EL NIÑO PEZ, O TEMPO
DA MEMORIA e o documental musical NO ACEPTO.

 

 

·          After Hours: curtas galegas de Chema Gagino, David Castro, Marcos Nine ou
José Luis Ducid

 

·         CGAI Júnior. LA PROFECÍA DE LAS RANAS.

 

Categoría: Novas
Etiquetas: